Proxectos de aforro de eficiencia enerxética
"Recentemente o Concello de Gomesende levou a cabo tres proxectos de aforro e eficiencia enerxética das instalacións de iluminación pública exterior, en concreto as obras consistiron na execución dos seguintes:
- Reforma e Mellora do Alumeado Público de Sobrado.
- Reforma e Mellora Enerxética do alumeado público de Moreiras.
- Reforma e Mellora Enerxética do Alumeado público de Paredes do Pao.
Así, conseguirase unha redución anual de consumo de enerxía de máis dun 40% con respecto ao consumo da anterior instalación.
Esta operación foi financiada no polo FEADER, seleccionada no marco do PDR-Galicia cofinanciado polo FEADER"
![]() |
![]() |
PLAN MARCO 2016
Mediante Decreto de Alcaldía de 21 de xuño de 2016 foi adxudicada, como contrato menor, a obra “mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias” dentro do Plan Marco 2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) ó abeiro do PDR de Galicia 2014-2020:
— Importe de adxudicación: 36.980,39 € (IVE excl.)
— Adxudicatario: COVELO S.L.
Mediante Decreto de Alcaldía de 14 de xullo de 2016 foi adxudicado, como contrato menor, o servicio de control de calidade da obra “mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias” dentro do Plan Marco 2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) ó abeiro do PDR de Galicia 2014-2020:
— Importe de adxudicación: 1.558,61 € (IVE excl.)
— Adxudicatario: G.O.C.S.A