Saúdo da Alcaldesa

Compartir

Pode parecer supérfluo, pero como queira que isto é un saúdo da Alcaldesa e unha benvida, en nome propio e de toda a Corporación a este espazo dixital, nada mellor que empezar cunha presentación en debida forma.

Chámome Pura Rodríguez Álvarez, e son a Alcaldesa do Concello de Gomesende. Presido unha corporación plural, na non son máis que a primeira entre iguais, procurando un goberno sen personalismos e tendo como faro da noso mandato electora cuatrienal, a prosperidade da veciñanza e lóxicamente do Concello.

A todos os que entren nesta web e amosen interese por este saúdo, agradecémoslles a sua inquietude e curiosidade, e dámoslle a benvida a este cachiño de Gomesende na rede de redes.

Para quen non coñeza este municipio, invítámolos a explorala páxina. A coñecer o noso Concello, os seus atractivos e curiosidades. A visitarnos. A desfrutar dos nosos espazos naturais e agarimo dos veciños, lonxe do ruido estresante de grandes e medianos núcleos urbanos. Por suposto desexamos, non só que veñan senón que volten e se lles resulta atractivo, que establezan aquí a sua residencia, serán ben recibidos.

Para os veciños que xa nos coñecen, a nos e ó municipio, convidámolos a que fagan uso desta ferramenta, especialmente se viven fora destas terras por motivos familiares ou laborais, pero que non se esquecen dela, ou seguen a ter aquí intereses polos que velar. Esta páxina pretende ser unha ferramenta útil e accesible, para facer máis próxima e doada a relación coa administración municipal. Pretendemos que moitos dos trámites que esixían desprazamentos molestos, se poidan facer sen custes adicionais e dende ós seus propios domicilios.

Esperamos, principalmente, que esta páxina sexa útil. Que mellore a eficiencia da xestión municipal e aforre custes, tanto para os cidadáns como para os usuarios dos servizos municipais. E que resulte un vehículo idóneo para dotar de fluidez as relacións dos veciños coa sua Corporación. Para permitir unha maior participación na vida pública, a través de suxerencias ou queixas, que algunha haberá.

Gomesende non é diferente pero si somos orixinais. Vivir en Gomesende é unha volta ós orixes. Un regreso a tradición, a unha vida tranquila e sosegada. Un xeito de vida á medida do home, porque ás veces á vida moderna, sóbralle moita de moderna e fáltalle bastante de vida.

 

 

Pura Rodríguez Álvarez

Alcaldesa-Presidenta de Gomesende.